lunes, 26 de noviembre de 2018

SAMAÍN

Samaín e unha celebración de orixe Celta que o cristianismo reconvirteu no "Día de tódos os Santos"
Esta festa, que levaba décadas esquencida, está volvendo a recuperarse grazas ó traballo das escolas e concellos de Galicia.  A noite do 31 de outubro empeza o Ano novo Celta, remata o verán e entra o inverno.  Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo de vivos e dos mortos visitando as casas das súas familias para quentarse e tomar alimento.
Os emigrantes irlandeses importaron esta tradición "Samhain" a America.  En Estados Unidos  chamouse "All Hallows Eve", que quere decir "Día de todos os Santos".  De aí saiu a tradición de Hallowen.
Na escola tamén celebramos o Samaín decorando unhas preciosas cabazas.

lunes, 12 de noviembre de 2018

MALETA DAS CIENCIAS.

Chegou á escola unha maleta con libros sobre ciencia.  Os libros están no estante de novidades.
Non se poden levar para a casa, pero si consultalos na biblioteca.

lunes, 29 de octubre de 2018

AS NACIÓNS CELTAS

Este ano imos traballar sobre as Nacións Celtas.  Para empezar, aqui vos deixamos un mapa e un enlace.


domingo, 14 de octubre de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están aquí, unha vez máis, as MOCHILAS VIAXEIRAS.  Cada aula ten a súa mochila.

A mochila vai para a casa, para os nenos e nenas de primaria, de xoves a xoves, e de luns a xoves para os de infantil.  


martes, 18 de septiembre de 2018

EMPEZAMOS !!!

No inicio do novo curso queremos recordarvos o funcionamento da caloteca en canto a préstamos e devolucións cun pequeno vídeo realizado polos axudant@s da biblioteca do ano pasado.

viernes, 3 de agosto de 2018

O MALTRATADOR DE ANIMAIS

E, por fin, o último vídeo, tamén de valores, 
feito tamén na súa totalidade polos nenos e nenas de 6ª.
Esperamos que vos guste

lunes, 9 de julio de 2018

FUTBOL

Os nenos e nenas de 6º continuan cos seus vídeos de valores.
Neste caso foron eles mesmos os que editaron o vídeo.
Un gran traballo!!!


Futbol definitiva from Caliblog on Vimeo.

O CAZO DE LOURENZO

Os nenos e nenas de segundo tamén quixeron facer un pequeno conto

lunes, 25 de junio de 2018

OS NENOS NOVOS

Seguindo cos seus vídeos de valores, os nenos e nenas de 6ª preséntannos  "Os nenos novos"
Esperamos que vos guste.

jueves, 21 de junio de 2018

VIOLENCIA

Os nen@s da escola cantan "María se bebe las calles" o día contra a violencia de xénero


NON, NON O PENSARA

Seguindo cos seus vídeos de valores, os nenos e nenas de 6º preséntannos un novo vídeo


Non,Non O Pensara-1 from Caliblog on Vimeo.

GOMBO E MEDO A ESCURIDADE

Os nenos e nenas de 4ª montaron uns preciosos títeres e fixeron unha obra con eles.
Despois gravarona para todos nos.  Esperamos que vos guste.
Gombo E Medo A Escuridade 720-1 from Caliblog on Vimeo.

miércoles, 20 de junio de 2018

UN POUCO DE MAL HUMOR

Os nenos e nenas de 5ºB fixeron un conto na clase de relixión: Un pouco de mal humor"
Un Pouco De Mal Humor 1080Hd-1 from Caliblog on Vimeo.

A HISTORIA DE NADIA

Os nenos e nenas de 6ª traballaron valores e fixeron un vídeo sobre o racismo: A historia de Nadia


A historia de Nadia from Caliblog on Vimeo.

PRIMAVERA

Os nenos e nenas de infantil de 3 anos presentan unha pequena story movie



REGUEIFANDO CON AMOR

Carla Beiro e Carla Feros, de 6ª, preséntannos unha regueifa. 

Regueifando con amor 1080HD from Caliblog on Vimeo.

CALOTECA

No primeiro dos vídeos, 4 nen@s explícannos o funcionamento da biblioteca.


UN ANO DE CINE.

Como xa sabedes, este ano fixemos un proxecto sobre cine.  Agora imos ir publicando os vídeos que fixeron os distintos grupos.  
Ao longo deste mes ides poder velos todos.
Esperamos que vos gusten.

martes, 8 de mayo de 2018

domingo, 6 de mayo de 2018

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do libro, desde fai xa uns anos, vimos facendo lecturas ós pequenos no patio da escola. 
O día estivo estupendo e a actividade foi todo un éxito.
Deixámosvos aquí unha pequena mostra
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

jueves, 15 de febrero de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

Desde a Biblioteca, fíxose entrega das MOCHILAS VIAXEIRAS
 a cada un dos cursos do colexio.
Cada xoves un neno da aula levará a mochila 
e devolveráa o seguinte xoves.
Esperamos que disfrutedes moito con elas.