lunes, 21 de diciembre de 2020

Imos contar un conto

 A Caloteca presenta   Imos contar un conto  unha sección de contacontos en formato vídeo.

Empezamos cunha adaptación do conto de Guiles Andreae "Las jirafas no pueden bailar"

que a clase de primeiro preparou con moita ilusión.

Esperamos que vos guste!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=104&pid=3243#top_display_media

viernes, 18 de diciembre de 2020

Booktuber


Caloteca presenta un novo proxecto de dinamización da biblioteca e fomento da lectura:
 Búscase  booktuber 
para presentar os novos libros, as novidades!
Quen se apunta?



Trátase de facer un comentario sobre un libro que lemos, un escrito breve para dar información resumida e tamén a nosa opinión sobre a obra.
Estrutura:
1. Intodución: Autor/a,  título,  editorial e  idade á que se dirixe.
2. Resumo xeral da obra sen comentar feitos importantes ou o final da historia.
3. Opinión persoal, recomendación do libro (si ou non) razoada (por que).






Podedes seguir as recomendacións de Booktubers-Caloteca dende a galería de imaxes da páxina web

 

jueves, 17 de diciembre de 2020

Xogando contra a obesidade infantil

Día Contra a Obesidade Infantil

                       A Caloteca apoia os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU 
                                            e súmase ao reto da loita contra a obesidade infantil






Alimentación sá e actividade física son imprescindibles para evitar a obesidade, 
aqui tedes un conto  para reflexionar:





Propoñemos Bailando por un reto: Contra a Obesidade Infantil


Bailando tamén no nadal:



Os nosos videos están na galería de imaxes da páxina web:


lunes, 7 de diciembre de 2020

RECICLARTE NO NADAL

 

Consumo responsable no nadal: Non consumas o planeta.
ODS 12 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da axenda 2030 da ONU busca acadar producción e consumo responsable.



.
Dende a Caloteca animámosvos a reciclar tamén no Nadal!





Reciclar artesanía vai máis alá do entretemento e a diversión xa que:

Foméntase o respecto ao medio ambiente.
➢ Fomenta a creatividade, a imaxinación e permítelles desenvolver habilidades básicas como debuxar, organizar o espazo, pintar, rasgar ou cortar con tesoiras e tamén a optimización de recursos.
➢ Promóvese a orixinalidade xa que os resultados adoitan ser irrepetibles tanto nos novos artigos que se realizan como nos espazos que se poden decorar con eles. ➢ A produción de produtos con materiais reciclados favorece a redución da produción de novos produtos e aforra deste xeito recursos que os fabricantes adoitan empregar nos seus ciclos de produción. ➢ Ao reutilizar produtos, redúcense os niveis de contaminación xerados pola acumulación de residuos en espazos como vertedoiros e tamén se evitan os posibles efectos asociados a unha mala xestión destes residuos. ➢ Os niveis de conservación dos recursos naturais como a auga mellóranse esencialmente debido á redución dos ciclos de produción. ➢ Como se necesitan menos produtos novos, hai un impacto positivo no aforro de enerxía e en todos os recursos necesarios para obtela. ➢Cos novos artigos feitos con materiais reciclados afórrase diñeiro.


Aqui podes atopar moitas ideas. Anímaste?

https://www.youtube.com/watch?v=oRaUpydisLI

jueves, 3 de diciembre de 2020

Curtas para concienciar sobre a Discapadidade: Partly Cloudy

Curtas para concienciar sobre a Discapadidade: El cazo de Lorenzo.

Curtas para concienciar sobre a Discapadidade: Cuerdas

Curtas para concienciar sobre a Discapadidade: Pip |

Curtas para concienciar sobre a Discapadidade

Dende a Caloteca  recompilamos estas curtas para concienciar sobre a discapacidade

Tamara

Día Internacional das Persoas con Discapadidade

  O Día Internacional das Persoas con Discapadidade foi declarado en 1992 poa Asemblea Xeral das Nacións Unidas co  obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica y cultural.

Explicando a discapacidade, educando na inclusión.




A Caloteca en colaboración coa especialidade de AL,
quere axudar a difundir os dereitos de todas as persoas con calquera tipo de discapacidade 
e traballa cara unha  biblioteca inclusiva.


                                        Os murais están expostos nos taboleiros do centro.

jueves, 26 de noviembre de 2020

Música e xogo contra a violencia de xénero

                                 

Desde a área de  Educación Física traballamos  na base  da  coeducación,
 fomentando a igualdade e  a equidade entre ambos sexos, desenvolvendo actividades-xogos sen estereotipos. Xogando tamén se aprende!

As nenas e os nenos de cuarto de primaria fixeron con moita ilusión,
unha proposta de música e xogo contra a violencia de xénero 


que podedes ver na galería de imaxes da páxina web do cole:

                 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/thumbnails.php?album=101




miércoles, 25 de noviembre de 2020

Música contra a violencia de xénero

A Caloteca  apoia e desenvolve a proposta do Departamento de Orientación :


https://colectivofeministahuesca.com/2018/12/10/150-canciones-para-trabajar-la-prevencion-de-la-violencia-de-genero/

                            Seleccionamos La puerta violeta (Rozalén) - LSE (Alba Mesa)

                     

                                       Nenas e nenos pintamos  flores  na nosa  porta violeta
                                                           

              
                                                                   xogamos en equipo


cantamos a pleno pulmón e bailamos 


desfrutando un montón!Para lembrar que:
  Educando en Igualdade loitamos contra a Violencia de xénero  





lunes, 16 de noviembre de 2020

Día Internacional da Infancia


O 20 de novembro conmemoramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia
 

Para reflexionar sobre os dereitos de nenas e nenos  gravamos un video
que podedes ver na galeria de imaxes da páxina web do cole:



                                          Neste enlace recóllense os dereitos da infancia                                        https://plataformadeinfancia.org/derechos-de-infancia/
 Actividades e recursos on line:







Ademais neste enlace tedes uuha selección de curtas para ver e reflexionar sobre os dereitos da infancia


martes, 10 de noviembre de 2020

25 N Día Contra a Violencia de Xénero

 EDUCANDO EN IGUALDADE  LOITAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO




O Equipo de Biblioteca  seleccionou unha serie de recursos co gallo do Día Contra a Violencia de Xénero.

Infantil, El monstruo


Primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria Contos coeducativos: Bonobos con gafas, El libro de los cerdos, Una feliz catástrofe, Arturo y Clementina, Rosa caramelo... estes contos en formato video .

Quinto e sexto de primaria  Historia de Carlos e Lucía  

 https://drive.google.com/file/d/0B-dzfXgHabhkMjV6STFwWndDeGc/edit


Proposta do Departamento de Orientación :


https://colectivofeministahuesca.com/2018/12/10/150-canciones-para-trabajar-la-prevencion-de-la-violencia-de-genero/


Ademais o Equipo de Biblioteca seleccionará unha serie de libros que quedarán expostos no primeiro andar. Quen quera utilizalos deberá avisar para realizar o  rexistro. Grazas!


25 N Lectura de "El monstruo" por su autor, Daniel Martín

25 N Cuento corto para niños Una feliz catástrofe

25 N Cuentos infantiles - Arturo y Clementina - Cuentacuentos

25 N Cuento: ROSA CARAMELO

25 Novembro Día Contra a Violencia de Xénero


EDUCANDO EN IGUALDADE  LOITAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO




O Equipo de Biblioteca  seleccionou unha serie de recursos  para desenvolver co gallo do Día Contra a Violencia de Xénero.

Infantil, El monstruo


Primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria: Bonobos con gafas, El libro de los cerdos, Una feliz catástrofe, Arturo y Clementina, Rosa caramelo... estes contos en formato video .

Quinto e sexto de primaria  Historia de Carlos e Lucía  

 https://drive.google.com/file/d/0B-dzfXgHabhkMjV6STFwWndDeGc/edit



25 N EL LIBRO DE LOS CERDOS

jueves, 5 de noviembre de 2020

Experimentando coa Tintorera


 A Phytolacca americana pode utilizarse para obter colorante natural de orixe biolóxica.


                      Hoxe a clase de 3º C foi a encargada de experimentar coas baias desta planta

                    para obter un tinte de cor violeta, co que pintar o mural do 25 de novembro

                                                          Día Contra a Violencia de Xénero.





                             

Colocamos unha baia nun papel absorvente
 



e esmagámola para sacar o zume 
e tinguir o papel



Recortamos e pegamos os anacos de papel



cubrindo  o corpo da muller como pétalos de rosa



Resultou xenial!!!


Este é o noso cartel  25 N




lunes, 26 de octubre de 2020

Caloteca Samaín

 


Caloteca seleccionou unha serie de obras para desfrutar do Samaín!




Están a vosa disposición no expositor do primeiro andar.




Ademais temos unha proposta terrorífica:


 Inventar unha historia con Pantasmas, vampiros, monstros, esqueletos, zombis e o que vos queirades...

Gravar un contaconto de Samaín, de outono, de medo...

Debuxar

unha escena  terrorífica

e ponerlle título ...

Ler os libros de medo

que están no expositor do 1º andar 



Podedes ver o video que gravamos na galeria de imaxes da páxina web do cole


viernes, 23 de octubre de 2020

Día das Bibliotecas

                                                    

"A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia."





Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR , quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construciónn da  persoa lectora  a través de distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa, 
que a ten sempre ao seu carón. 

A Caloteca  pon a disposición da comunidade educativa os seus fondos, a través das bibliotecas de aula.

Día Internacional contra o Cambio Climático


 O 24 de outubro conmemórase o Día Internacional contra o Cambio Climático.
 O principal contribiunte deste cambio é o efecto invernadoiro, ocasionado por certos gases como o dióxido de carbono.
 A Caloteca traballa para concienciar e sensibilizar da necesidade de frear o quecemento global e por iso este trimestre está a desenvolver unha proposta de mobilidade sostible "Camiña e Pedalea". 


miércoles, 30 de septiembre de 2020

CAMIÑA E PEDALEA

"Camiña e Pedalea" é a nova proposta da Caloteca 

coa que se pretende fomentar o uso de medios de desprazamento non contaminantes.

Pedimos a vosa colaboración para elaborar un ficheiro de rutas de senderismo e ciclismo.

 Coidando a saúde do  medioambiente coidamos tamén  a nosa saúde! 


         A clase de 2º B dibuxou este fermoso cartel "camiña e pedalea" que está exposto na planta baixa.







                                                                        Moitas grazas!!!!