viernes, 20 de diciembre de 2019

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

Dende a Caloteca querémosvos felicitar o nadal,
asi  que fixemos unha composición ...




BO NADAL E FELIZ ANINOVO!
SEGUE A RECICLAR, 
O MEDIOAMBIENTE CHO AGRADECERÁ!



Unha postal de RecliclArte



Lembrade que tamén no nadal






CONTACONTOS DO NADAL

                                                                       

                                                                       Antía e Tanía



                                    contaron a bonita historia de Panocha para felicitar o nadal .







 O público, nenos e nenas de primeiro de primaria e tamén de 4ºB,
 desfrutaron e aplaudiron con entusiasmo a súa actuación.
Moitas grazas Tania e Antía pola vosa colaboración!

viernes, 13 de diciembre de 2019

ODS ONU


A Biblioteca do CEIP A Igrexa-Calo, Caloteca
apoia os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.


O cambio empeza en nós, por iso imos traballar especialmente:
Obxectivo 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa, de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe para todas as persoas.
Obxectivo 5: Promover a igualdade entre xéneros.
Este curso a Caloteca está a desenvolver un proyecto medioambiental polo que levaremos a cabo actividades relacionadas cos Obxectivos 13-14-15:  Informando, sensibilizando, ecoeducando de xeito práctico ante cuestións do medioambiente como a emerxencia climática, o desenvolvemento sostible, a perda de diversidade biolóxica...etc.







jueves, 5 de diciembre de 2019

XOGO-CONTO do SOLO

Hoxe un dos grupos de 4 anos e o grupo de 5 anos, fomos a Caloteca con Cali para ver un conto no eixo de outro elemento do medioambiente, o solo.
O conto elixido foi Xaime e as landras, e despois de velo fomos plantar nós tamén landras, detras do  noso patio de infantil. Atopamos basuraleza tirada pola herba e recollímola porque queremos que medren as sementes  e para iso necesitamos un entorno limpo.

































                                                          E agora a esperar...

miércoles, 4 de diciembre de 2019

XOGO-CONTO da AUGA



Hoxe a clase de catro anos, viu a noticia  da viaxe de Greta Thunberg atravesando o Océano Atlántico nun veleiro, e inspituose nela para debuxar un barco que nos levará polo mundo enteiro para buscar "O arco da vella que despareceu".
Este xogo-conto, da mán de Cali a mascota da Caloteca, foi o elixido para traballar o tema da auga.






























martes, 3 de diciembre de 2019

PLOGGING

A clase de 3ºB, foi a encargada de poñer en marcha a campaña contra a basuraleza. Colocaron os murais no patio cuberto, para informar ao resto do cole do problema da basuraleza nas nosas zonas verdes, do bó uso das papeleiras, do tempo que tardan en desaparecer estes residuos e do reto de Cali para solucionalo.






Dende a clase de Educación Física, empezaron practicando Plogging que é correr recollendo basura.
Luvas e a correr!