lunes, 21 de diciembre de 2020

Imos contar un conto

 A Caloteca presenta   Imos contar un conto  unha sección de contacontos en formato vídeo.

Empezamos cunha adaptación do conto de Guiles Andreae "Las jirafas no pueden bailar"

que a clase de primeiro preparou con moita ilusión.

Esperamos que vos guste!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=104&pid=3243#top_display_media

viernes, 18 de diciembre de 2020

Booktuber


Caloteca presenta un novo proxecto de dinamización da biblioteca e fomento da lectura:
 Búscase  booktuber 
para presentar os novos libros, as novidades!
Quen se apunta?



Trátase de facer un comentario sobre un libro que lemos, un escrito breve para dar información resumida e tamén a nosa opinión sobre a obra.
Estrutura:
1. Intodución: Autor/a,  título,  editorial e  idade á que se dirixe.
2. Resumo xeral da obra sen comentar feitos importantes ou o final da historia.
3. Opinión persoal, recomendación do libro (si ou non) razoada (por que).






Podedes seguir as recomendacións de Booktubers-Caloteca dende a galería de imaxes da páxina web

 

jueves, 17 de diciembre de 2020

Xogando contra a obesidade infantil

Día Contra a Obesidade Infantil

                       A Caloteca apoia os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU 
                                            e súmase ao reto da loita contra a obesidade infantil






Alimentación sá e actividade física son imprescindibles para evitar a obesidade, 
aqui tedes un conto  para reflexionar:





Propoñemos Bailando por un reto: Contra a Obesidade Infantil


Bailando tamén no nadal:



Os nosos videos están na galería de imaxes da páxina web:


lunes, 7 de diciembre de 2020

RECICLARTE NO NADAL

 

Consumo responsable no nadal: Non consumas o planeta.
ODS 12 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da axenda 2030 da ONU busca acadar producción e consumo responsable.



.
Dende a Caloteca animámosvos a reciclar tamén no Nadal!





Reciclar artesanía vai máis alá do entretemento e a diversión xa que:

Foméntase o respecto ao medio ambiente.
➢ Fomenta a creatividade, a imaxinación e permítelles desenvolver habilidades básicas como debuxar, organizar o espazo, pintar, rasgar ou cortar con tesoiras e tamén a optimización de recursos.
➢ Promóvese a orixinalidade xa que os resultados adoitan ser irrepetibles tanto nos novos artigos que se realizan como nos espazos que se poden decorar con eles. ➢ A produción de produtos con materiais reciclados favorece a redución da produción de novos produtos e aforra deste xeito recursos que os fabricantes adoitan empregar nos seus ciclos de produción. ➢ Ao reutilizar produtos, redúcense os niveis de contaminación xerados pola acumulación de residuos en espazos como vertedoiros e tamén se evitan os posibles efectos asociados a unha mala xestión destes residuos. ➢ Os niveis de conservación dos recursos naturais como a auga mellóranse esencialmente debido á redución dos ciclos de produción. ➢ Como se necesitan menos produtos novos, hai un impacto positivo no aforro de enerxía e en todos os recursos necesarios para obtela. ➢Cos novos artigos feitos con materiais reciclados afórrase diñeiro.


Aqui podes atopar moitas ideas. Anímaste?

https://www.youtube.com/watch?v=oRaUpydisLI

jueves, 3 de diciembre de 2020

Curtas para concienciar sobre a Discapadidade: Partly Cloudy

Curtas para concienciar sobre a Discapadidade: El cazo de Lorenzo.

Curtas para concienciar sobre a Discapadidade: Cuerdas

Curtas para concienciar sobre a Discapadidade: Pip |

Curtas para concienciar sobre a Discapadidade

Dende a Caloteca  recompilamos estas curtas para concienciar sobre a discapacidade

Tamara

Día Internacional das Persoas con Discapadidade

  O Día Internacional das Persoas con Discapadidade foi declarado en 1992 poa Asemblea Xeral das Nacións Unidas co  obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica y cultural.

Explicando a discapacidade, educando na inclusión.




A Caloteca en colaboración coa especialidade de AL,
quere axudar a difundir os dereitos de todas as persoas con calquera tipo de discapacidade 
e traballa cara unha  biblioteca inclusiva.


                                        Os murais están expostos nos taboleiros do centro.