jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro conmemoramos o Día Internacional das Bibliotecas.




 Nenos e nenas de 6ºB, elaboraron un mural con
  letras do abecedario, do alfabeto dactilolóxico e debuxos.






Ademais desfrutamos en grupo da nosa Caloteca!











martes, 22 de octubre de 2019

MALETA VIAXEIRA



Xa chegou a Maleta Viaxeira á Caloteca!
Tedes un montón de libros para ler e desfrutar na nosa biblioteca.



miércoles, 16 de octubre de 2019

LAND ART DE OUTONO

Chega o outono e caen as follas das árbores, o noso patio esta cheo de elementos da natureza ( follas, castañas, landras, paos, pedras, sementes...) que podemos utilizar para realizar pequenas "obras de arte efímera". Combinamos xogo e arte a partir da interacción co medio ambiente, aprendendo da natureza e das múltiples posibilidades de creación a partir dela. Utilizamos a arte como ferramenta da Ecoeducación, como mediadora do coidado ambiental.
Os grupos de primeiro de primaria recolleron os materiais cos que poñer en marcha a súa creatividade e o traballo en equipo. Aqui tedes unha mostra do seu traballo.















 





miércoles, 9 de octubre de 2019

ECOEDUCACIÓN

Inspirándonos na ECOeducación de Daniel Goleman, que implica a docentes cara ao desenvolvemento da intelixencia emocional á ecolóxica. Imos desnvolver tres das  súas prácticas da educación compromoteida emocional e socialmente.

Na primeira  o obxectivo principal é ecoeducar ao alumnado a través das súas emocións, desenvolvendo a empatía cara a todas as formas de vida.
Transmitindo unha nova visión que inclúa as persoas como membros da rede da vida e non como seres distintos e superiores ao resto dos seres vivos da Terra.
Reflexionando sobre as nosas accións perxudiciais e ampliando o coidado e interese por outras formas de vida.

Para acadalo propoñemos mostrar unha serie de imaxes do medio ambiente que provoquen emocións positivas ou negativas.
O Equipo de Biblioteca buscará imaxes e tamén o alumnado poderá facelo e compartilo co resto de grupos a través de nós.

A clase de 4ºA foi a encargada de poñer en marcha esta actividade:
colocando o mural, buscando imaxes para desenvolver a empatía, buscando información sobre ecoloxía, compartíndoa e ubicando o noso libriño de imaxes na biblioteca...

















miércoles, 2 de octubre de 2019

EMERXENCIA CLIMÁTICA




 O CEIP A Igrexa-Calo  súmase á declaración de: "Estado de  emerxencia climática mundial". 


Por iso, o venres 27 de setembro organizamos unha concentración no patio, de todo o alumnado e o profesorado do centro, para gardar un minuto de silencio ante este situación tan triste e preocupante.


Preparamos un cartel para encabezar a actividade.



Reflexionamos sobre a emerxencia climática




Fixemos as entradas coa canción Love song to the Earth




Entendemos que nenos e nenas teñen que recibir información dos problemas do mundo no que viven,  polo que os días anteriores adicamonos a presentar diferentes cuestións  medio ambientais.

  Gustóunos moito este video de  Greta Thunberg 



martes, 1 de octubre de 2019

MEDIO AMBIENTE

Este curso 2019-2020, o Equipo da Biblioteca do CEIP A Igrexa-Calo en colaboración co claustro, vai desenvolver un proxecto sobre o Medio Ambiente: De oca a oca ecoloxía porque me toca". Traballaremos os 7 elementos principais do medio ambiente:aire, auga, solo, fauna, flora, clima e radiación.