viernes, 28 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020



Este ano plantexamos a Gala de Entroido como algo máis que disfraces e actuacións. Queríamos despertar conciencias, reflexionar  sobre os problemas medioambientais que padecemos. O traballo de ecoeducación que estamos a desenvolver dende a biblioteca foi a base das nosas "reivindicacións" que escoitamos antes de cada actuación.

1º Bombeiras e bombeiros:
Os incendios forestais causan graves problemas no medioambiente: destrucción da flora e da fauna, impacto negativo no solo e na calidade da auga e do aire, ademais os terreos tardan moitísimos anos en recuperarse. Non máis lume!!!
2º Xardineiras e xardineiros:
O planeta terra está enfermo, polas accións dos seres humanos. As nosas vidas dependen da saúde do planeta. Por iso todas as persoas temos a respomsabilidade de facer cambios para salvalo. Agóra é o momento, porque non temos planeta B!!!
3º Fenómenos meteorolóxicos:
A acción humana está causando o calentamento global. Isto provoca a emerxencia climática actual. No futuro daránse máis amiúdo fenómenos meteorolóxicos adversos como: tormentas e choivas torrenciais, ondas de calor máis severas, secas extremas, furacáns máis potentes e destructivos...
Lembra: acción, reacción, repecisión!!!
4ºAbellas:
As abellas están a desaparecer por varias razóns: o cambio climático, os insecticidas, os parásitos, a contaminación do aire, as especies invasoras...etc. Isto pon en perigo a supervivencia de moitísimas especies que dependen da súa polinización. As persoas tamén vense afectadas xa que unha parte dos alimentos que consumimos tamén desaparecerán. Coidemos ás abellas!!!
5º Exploradoras e exploradores:
Somos un equipo que corre contrarreloj para frear o cambio climático. Nesta carreira a ciencia e a conciencia social son o único camiño para chegar á meta. A comunidade científica aporta solucións para loitar contra os problemas medioambientais. Escoitémos á ciencia!!!
6º Mares:
No ano 2050 haberá máis toneladas de plástico nos mares que toneladas de peixes.
Reduce. reutiliza, recicla.


                     Para acadar un mundo mellor o primeiro paso é a educación.




martes, 11 de febrero de 2020

MOITAS GRAZAS


O Equipo de Biblioteca quere dar as grazas a todas as familias,
 pola súa colaboración na campaña para promover o uso de botellas reutilizables no noso cole.
Comprobamos que en todas as aulas  a maioria do alumnado fai uso destas botellas, 
contribuindo así á reducir os residuos plásticos.
Moitas grazas familias!