viernes, 21 de mayo de 2021

Día Mundial do Medioambiente


 O 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medioambiente e Caloteca quere axudar a concienciar da importancia de frear a perda de diversidade, porque a biodiversidade é saudable para os ecosistemas, cunha exposición do traballo realizado polos grupos de cuarto de primaria o ano pasado sobre os animais en perigo de extinción.

Podedes velo no patio cuberto e tamén na galería de imaxes:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?album=125&pid=3656#top_display_media

 

viernes, 7 de mayo de 2021

Quero ser como Vero Boquete

Continuamos co noso proxecto colaborativo de investigación sobre Vero Boquete e rematámolo realizando o sorteo do concurso "Canto sabes sobre Vero Boquete".