lunes, 26 de octubre de 2020

Caloteca Samaín

 


Caloteca seleccionou unha serie de obras para desfrutar do Samaín!




Están a vosa disposición no expositor do primeiro andar.




Ademais temos unha proposta terrorífica:


 Inventar unha historia con Pantasmas, vampiros, monstros, esqueletos, zombis e o que vos queirades...

Gravar un contaconto de Samaín, de outono, de medo...

Debuxar

unha escena  terrorífica

e ponerlle título ...

Ler os libros de medo

que están no expositor do 1º andar 



Podedes ver o video que gravamos na galeria de imaxes da páxina web do cole


viernes, 23 de octubre de 2020

Día das Bibliotecas

                                                    

"A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia."





Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR , quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construciónn da  persoa lectora  a través de distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa, 
que a ten sempre ao seu carón. 

A Caloteca  pon a disposición da comunidade educativa os seus fondos, a través das bibliotecas de aula.

Día Internacional contra o Cambio Climático


 O 24 de outubro conmemórase o Día Internacional contra o Cambio Climático.
 O principal contribiunte deste cambio é o efecto invernadoiro, ocasionado por certos gases como o dióxido de carbono.
 A Caloteca traballa para concienciar e sensibilizar da necesidade de frear o quecemento global e por iso este trimestre está a desenvolver unha proposta de mobilidade sostible "Camiña e Pedalea".