miércoles, 27 de mayo de 2020

Radiación

O último elemento do medio ambiente é a radiación, ímonos centrar na radiación solar.


O sol é esencial para a vida e no ser humano é necesario para a síntese de vitamina D, favorece a circulación sanguínea e mellora algunhas enfermidades da pel. É coñecido tamén o seu efecto sobre a
produción de neurotransmisores, produtos químicos que facilitan a actividade das neuronas.
Non obstante, estes efectos positivos deben ser ponderados coidadosamente fronte aos potenciais efectos negativos dunha exposición intensa (queimaduras na pel e danos nos ollos) ou da exposición crónica (envellecemento, manchas e danos na pel e cancro de pel). As exposicións non protexidas en nenos e idades novas son especialmente prexudiciais, claramente relacionadas co risco de desenvolverse melanoma (cancro de pel).



 Consellos





Día Europeo dos Parques Naturais 2020


Día Europeo dos Parques Naturais


A natureza, boa para a túa saúde



O contacto coa natureza é esencial para a saúde humana ,


 crea benestar e promove estilos de vida activos!

 Desfruta da natureza en familia!






Parques naturais
Os parques son áreas naturais, pouco transformadas polas actividades humanas que, pola beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da sua flora, fauna ou da súa diversidade xeolóxica, incluídas as súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos ou científicos cuxa conservación merece unha atención preferente. Na actualidade en Galicia existen seis parques naturais:






LETRAS GALEGAS

Propoñemos ler e deseñar
unha orixinal portada
para a obra de
Ricardo Carvalho Calero:
As pitas baixo a choiva




Aqui tedes o marabilloso resultado!

HAIKUS PARA AS LETRAS

Os nenos e nenas de 4º de primaria fixeron estes haikus para o día das letras

martes, 19 de mayo de 2020

Un conto de Dragóns e Reciclaxe


CaliConto: nenas e nenos de infantil e primaria inventaron e ilustraron 
unha divertida historia de dragóns e reciclaxe!!




                                                   Neste enlace podedes ver o conto:

                          https://www.youtube.com/watch?v=_FYNjXPRKgU&feature=emb_logo

domingo, 17 de mayo de 2020

Día Internacional da Reciclaxe

17 de maio de 2020 celebramos:





                              El Día del Reciclaje, en un cuento




             Campaña de concienciación para fomentar a reciclaxe
                            https://www.youtube.com/watch?v=M3z-YPsumOw&feature=emb_rel_paus




 Reciclaxe e COVID-19






sábado, 16 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020



CALOTECA
Propoñemos ler e deseñar
unha orixinal portada
para a obra de
Ricardo Carvalho Calero:
As pitas baixo a choiva

"Como pitas baixo a choiva"   

 https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas