viernes, 23 de abril de 2021

Na Caloteca temos un montón de libros que nos achegan ao mundo das árbores, unhas veces curioso outras enigmático e sempre emocionante. Todos estes libros teñen en común un profundo respecto e admiración polas árbores. Algúns fano dende unha perspectiva etnobotánica, outros máis ben dende a ecoloxía destacando a importancia das árbores en todos os ámbitos da vida humana e alertando do perigo que supón para a nosa supervivencia a destrucción dos bosques.




    No noso cole temos a sorte de desfrutar de espacios verdes e árbores, onde podemos                                    xogar, bailar, pintar, ler, investigar... e vivir todas as estacións do ano.



           Coidemos as árbores porque elas coidarán de nós.









 

viernes, 9 de abril de 2021

DIA DO LIBRO



 A Caloteca empeza o Mes do Libro con variadas actividades de dinamización da lectura, a primeira:
Adopta un libro vello

O expurgo dos fondos da biblioteca bríndanos a oportunidade de levar a casa libros vellos que remataron a súa vida de préstamo escolar, pero que agora poden seguir acompañando o noso tempo de lecer na casa.
Fixemos unha selección por idades e colocámolos en diferentes espazos a disposición de todo o alumnado por quendas.
                                                                               




Pasámolo fenomenal!
Grazas pola vosa participación!