lunes, 15 de junio de 2020

O PAPAGAIO

CONSORCIO EDITORIAL GALEGO

Papagaio
Chegamos ao mes de xuño na fase 2 da desescalada nuns momentos de preocupación e incerteza polo futuro pero O Papagaio seguen voando e achegando a súas novas ás vosas bibliotecas

PORTADA_PAPAGAIO_Maio_2020

En breve recibiredes en papel tódolos números adiados pola situación xerada pola pandemia do COVID-19
PAPAGAIO__2020
O Papagaio despídese até setembro e como o novo curso escolar virá cheo de novidades como que aumentará en 4 páxinas e pasará a ter 16 páxinas en total con novas seccións e moitas máis aventuras.

Bo verán e a coidarse


CONSORCIO editorial GALEGO, S.A 

lunes, 1 de junio de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE


Os esfrozos do Día Mundial do Medio Ambiente céntranse en motivar ás persoas e comunidades para que se convirtan en axentes activos do desenvolvemento sostible e no cambio de actitude cara a temas ambientais.


                               https://www.youtube.com/watch?v=aach4X6CGtI&feature=emb_logo                  
  



O tema do Día Mundial do Medio Ambiente, o 5 de xuño de 2020, é biodiversidade: unha chamada á acción para loitar contra a perda de especies e a degradación do mundo natural. 

RETO

 TEST SOBRE BIODIVERSIDAD




A biodiversidade é a base que sustenta toda a vida na terra e debaixo da agua. Ten relación coa totalidade dos aspectos da saude humana. Proporciona auga e aire limpos, alimentos nutritivos, coñecemento científico e fontes de mediciñas, resistencia a enfermidades naturais e mitigación do cambio climático. Cambiar ou eliminar un elemento nesta intrincada rede afecta todo o sistema de vida e poide producir consecuencias negativas.


#LaHoraDeLaNaturaleza. é o lema escollido este ano para este día internacional, co fin de dar a coñecer os enlaces que conectan todos os seres vivos na Terra e como actuar #ByLaNaturaleza. Como a ONU informa no seu sitio web, sen os servizos da natureza, a vida no planeta non sería posible: nin a comida que se come, o aire que se respira nin a auga que se bebe. Como exemplo, cada ano as plantas mariñas producen máis da metade do osíxeno na atmosfera, e unha árbore é capaz de limpar o aire absorbendo 22 quilos de dióxido de carbono e liberando osíxeno a cambio.É hora de reinventar a nosa relación coa natureza. 


É hora de poñer a natureza no centro de todos as nosas decisións.

Primeiro debemos APRENDER  sobre que podemos facer, COMPARTIR o coñecemento coa nosa familia, amigas e amigos... e ACTUAR arredor do que necesitamos cambiar.

                                                         GYMKANA MEDIOAMBIENTAL

                            https://www.worldenvironmentday.global/es/explora-naturaleza




Medioambiente y covid-19

Cando o mundo se para o planeta respira




Agora máis que nunca debemos formar a nenos, nenas e adolescentes no respecto ao medio ambiente, coidado e conservación da natureza. Eficiencia enerxética, aforro de auga, mobilidade sostible, redución de residuos e reciclaxe, consumo responsable, coñecemento e protección da biodiversidade ... é necesario incorporar estas ensinanzas para ecologizar o currículo escolar. Débese prestar a debida atención ás escolas e ao profesorado para que poidan adquirir e transmitir os coñecementos necesarios para capacitar ás futuras xeracións na prevención de riscos e na mitigación da peor crise que enfrontarán: a crise climática.


Entender como a natureza sustenta a vida

Inspirándonos na ECOeducación de Daniel Goleman, que implica a docentes cara ao desenvolvemento da intelixencia emocional, social e ecolóxica. Estamos a desenvolver tres das cinco prácticas da educación comprometida:
No primeiro trimestre o obxectivo principal foi ecoeducar ao alumnado a través das súas emocións, desenvolvendo a empatía cara a todas as formas de vida, durante o segundo, traballamos o feito de facer visible o invisible e agora no terceiro trataremos de:
     
  entender como a natureza sustenta a vida.