jueves, 25 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA

Dende a Caloteca conmemoramos o Día de Rosalía de Castro con actividades para coñecer a súa figura  e a súa obra: investigamos, lemos, escribimos, fixemos un mural colaborativo que podedes ver na galería de imaxes http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=3344




E tamén podedes ver o video do grupo de 6ºB, que improvisou o fermoso poema  Adeus ríos, adeus fontes,   ao son da guitarra do mestre Marcos!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/displayimage.php?pid=3343



jueves, 18 de febrero de 2021

La princesa rebelde

 A clase de 5ºB grabou un conto para o proxecto  Imos contar un conto, titulado La princesa rebelde. É unha divertida historia  dunha princesa aventureira, traviesa cunhas amizades pouco habituais...




domingo, 7 de febrero de 2021

Día da Muller e a Nena na Ciencia



Co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, a Caloteca propón unha actividade de coñecemento e recoñecemento  dalgunhas daquellas mulleres que romperon barreiras e destacaron nun mundo de homes e que pese aos  seus logros, na ciencia e tecnoloxía, en moitos casos foron inxustamente invisibilizadas. Una actividade para crear referentes que acheguen ás niñas ao mundo da ciencia, que podedes realizar consultando os libros seleccionados na biblioteca, ou on line coa tabla periódica das científicas :

https://11defebrero.files.wordpress.com/2018/11/la-tabla-periocc81dica-de-las-cienticc81ficas-enlaces.pdf

                                                 


 Ademais a clase de 3ºA fixo un experimento científico, que as nenas explican neste video:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexacalo/galeria/thumbnails.php?album=112


jueves, 4 de febrero de 2021

PLANTAS PURIFICADORAS DO AIRE

PLANTAS PURIFICADORAS DO AIRE

O curso pasado o Equipo da biblioteca e o grupo de 6ºA  fixeron un traballo sobre a outro elemento  do medioambiente a flora. Investigaron e descubriron un estudo da NASA sobre unha serie de plantas purificadoras do aire, que ademais de eliminar o CO tamén son capaces de eliminar o resto de substancias  nocivas presentes no aire. Na actualidade o aire das nosas casas encóntrase en peores condicións debido ao noso estilo de vida que fai que aparezan cada vez máis productos químico-sintéticos (plásticos, fibras sintéticas, madeiras aglomeradas, PVC, pinturas e barnices, disolventes... etc.) que liberan compostos orgánicos volateis, que dependendo da súa concentración poden afectar a saúde das persoas. Para coñecelas temos na Caloteca un xogo de parellas tipo memory coas fotos de algunhas destas plantas.
Este curso continuamos co proxecto e decidimos poñer plantas nas nosas aulas. Seleccionamos a  CINTA, unha das plantas con máis poder de purificación do aire (Poden reducir o formalheido, o xileno e o CO), máis resistentes e fáciles de coidar.

                                                      

É unha planta perenne de follas alongadas de cor verde conha banda branca, orixinaria de África.
Como planta de interior desenvólvese perfectamente nunha estancia ben iluminada pero sen exposición directa ao sol, cunha temperatura constante e nun ambiente non demasiado seco. O máis importante é manter un nivel de humidade constante, asi o rego nos meses frios será 1 á semana e nos meses cálidos 2 sen encharcar.



Moitísimas grazas apola súa  desinteresada 
 colaboración  co noso proxecto.
.
 

                                                   

lunes, 1 de febrero de 2021

Xogo-conto ¿A qué sabe la luna?

 



 Antía, Gaía, Marta e Uxía de 5ºA  participaron na actividade  da Caloteca "Imos contar un conto",  debuxando os personaxes de  ¿A qué sabe la luna?, para que formen parte da biblio como  xogo-conto (no que cada quen pode ler e xogar manipulando os animais para contar a historia). O Equipo preparou o escenario do conto e realizou un video que podedes ver na galería de imaxes do centro.