"Camiña e Pedalea" é a nova proposta da Caloteca
coa que se pretende fomentar o uso de medios de desprazamento non contaminantes.
Pedimos a vosa colaboración para elaborar un ficheiro de rutas de senderismo e ciclismo.
Coidando a saúde do medioambiente coidamos tamén a nosa saúde!
A clase de 2º B dibuxou este fermoso cartel "camiña e pedalea" que está exposto na planta baixa.