viernes, 13 de marzo de 2020

Lola, a tartaruga de 4ºC

Outro elemento do medioambiente é a fauna, os grupos de cuarto están elaborando un libro sobre animais en perigo de extinción e pronto estará á vosa disposición na Caloteca.
Ademais o grupo de 4ºC ten unha tartaruga e van explicar cómo a coidan:
Temos unha mascota  na aula, chámase Lola, é unha tartaruga de auga quente que coidamos entre toda a clase, facendo  quendas cada día.



Coidados:
*acuario de tamaño axeitado con auga entre 24º-28º que cambiamos cada dous días.



*Botámoslle penso especial para tartarugas de auga, cada dous ou tres días.



*Ten unha "illa" fóra da auga para tomar o sol e secar o corpo, para evitar infeccións na pel ou nos ollos.



Esta información foi elaborada por Anxo, Mimi e Icía R. en representación do resto da clase.


miércoles, 11 de marzo de 2020

Noticias medioambientais

A clase de 5ºB utiliza os xornais para continuar co seu traballo sobre os elementos do medioambiente.




martes, 10 de marzo de 2020

Co xornal tamén se aprende!

A clase de 6ºB, foi a Caloteca para completar cos xornais, o tema de ciencias sociais que estaban dando na aula.


















lunes, 9 de marzo de 2020

Semana da Prensa

Do 9 ao 13 de marzo celébrase a Semana da Prensa e na Caloteca temos, a nosa disposición, diferentes xornais para traballar con eles. Actividades variadas e busca conxunta de noticias medioambientais para o noso traballo de centro.
O grupo de 5ºA, estrea a nosa "sala de prensa" buscando noticias sobre o medioambiente,








CONTACONTOS

             O venres 6 de maro  organizamos  un contacontos do álbum  ilustrado Arthur e Clementina.


Dolores e Nerea puxeron voz e movemento a Arthur e Clementina.



                       Ademais ao final agasalláronnos cunha ficha para facer un marcapáxinas.


Moitísimas grazas!!!

jueves, 5 de marzo de 2020

Día Internacional da Muller

                          Debuxo para a conmemoración do  Día Internacional da Muller    Izan 1ºA



Co gallo do Día Internacional da Muller, presentamos á primatóloga Jane Goodall,  unha muller que empezó o seu traballo hai máis de 50 anos en África, aos 23. É unha autoridade mundial no coñecemento da etioloxía dos chimpancés e que na actualidade adica gran parte do seu tempo á educación medioambiental, coa finalidade de conseguir que o planeta sexa un lugar mellor para todas as especies.







O xoves 5 de marzo, no tempo do recreo, proxectarase na Caloteca o video  da súa mensaxe ás nenas que queren ser científicas.


miércoles, 4 de marzo de 2020

Novidades 8 marzo



O 8 de marzo, Día Internacional da Muller quérese resaltar a importancia da loita das mujeres pola igualdade de oportunidades na sociedade e o polo seu desenvolvemento íntegro como persoas. 
Na Caloteca tedes a vosa disposición unha serie de contos para ler e reflexionar....





PLANTAS PURIFICADORAS DO AIRE

Outro elemento do medioambiente é a flora (conxunto de especies vexetais que nacen de xeito natural ou cultivado).
O Equipo da biblioteca e o grupo de 6ºA están a investigar e descubriron un estudo da NASA sobre unha serie de plantas purificadoras do aire. Na actualidade o aire das nosas casas encóntrase en peores condicións debido ao noso estilo de vida que fai que aparezan cada vez máis productos químico-sintéticos (plásticos, fibras sintéticas, madeiras aglomeradas, PVC, pinturas e barnices, disolventes... etc.) que liberan compostos orgánicos volateis, que poden afectar a saúde das persoas dependendo da súa concentración. Esta serie de plantas ademais de eliminar o CO2 tamén son capaces de eliminar o resto de substancias  nocivas presentes no aire.
Para coñecelas temos na Caloteca un xogo de parellas tipo memory coas fotos de algunhas destas plantas.
                                                        Xogando tamén se aprende!!!!