viernes, 31 de enero de 2020

As merendas de 5º B

A clase de 5ºB  está moi concienciada coa campaña de reducción dos residuos plásticos. 
Por iso, reflexionando sobre o que poden facer para contribuir, revisaron as súas merendas.
Empezaron a valorar a posibilidade de substituir os envoltorios plásticos por tuppers.
Este é un pequeno xesto polo coidado do medio ambiente, 
ti tamén podes facelo!



viernes, 17 de enero de 2020

FACER VISIBLE O INVISIBLE


Durante o segundo trimestre, continuando coa ecoeducación social, traballaremos o feito de
facer visible o invisible.
Facer visible que o desperdicio de alimentos é un factor que contribúe ao cambio climático e xera graves danos aos recursos materiais do planeta. 
Para iso temos preparado El viaje del plátano, unha actividade  que plasma o percorrido dun plátano e todo o que sucede en cada etapa dende a súa orixe ata a nosa casa. Ista actividade axuda a visibilizar a cadea de subministro de alimentos e axuda a comprender porque o desperdicio de alimentos conleva o desperdicio dos recursos utilizados na súa producción como terra, auga, enerxia...
Nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, o número 12 está enfocado á producción, consumo responsable de alimentos e reducción do despilfarro.
Por iso dende a Caloteca queremos concienciar do que supón non comer as nosas merendas: os alimentos non consumidos convírtense en comida destinada "única" e exclusivamente a contaminar.
Come toda a merenda e senon che apetece, lévala de volta  a túa casa para tomala noutro momento.
Reducir desperdicios, disminúe a emisión de gases de efecto invernadoiro.



                                  Na Caloteca tedes o xogo El viaje del plátano










miércoles, 15 de enero de 2020

MARATÓN DE CURTAMETRAXES

Dende o 13 ata o 31 de xaneiro, estánse a proxectar unha serie de curtas de animación de temática medioambiental na Caloteca.

Trátase de visualizar  imaxes de animación que trascenden á palabra con emoción, 
e reflexionar desenvolvendo habilidades de pensamento e comunicación sobre o visto,
                                                    fomentando o espírito ecosocial.







viernes, 10 de enero de 2020

CHACRA

Como novidade temos na Caloteca o cómic de Chacra el invencible,
unha aventura especial para apoiar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU,
Chakra el Invencible lucha contra el cambio climático.








jueves, 9 de enero de 2020

O CLIMA

O Equipo de Biblioteca vai traballar este mes de xaneiro outro elemento do medio ambiente, o clima.

                             Que podes facer no cole ante a emerxencia climática.

Centrarémonos no DESPERDICIO DE ALIMENTOS xa que é outro factor que dana o medioambiente contribuindo ao cambio climático.
Atopamos restos de merendas, en moitas ocasións enteiras, tiradas nas papeleiras ou no chan: froitas, bocadillos, iogures, galletas...
Ante isto é importante a visibilización do impacto negativo que ten sobre o medio ambiente o  desperdicio de alimentos, e a promoción dun consumo responsable.