miércoles, 27 de mayo de 2020

Radiación

O último elemento do medio ambiente é a radiación, ímonos centrar na radiación solar.


O sol é esencial para a vida e no ser humano é necesario para a síntese de vitamina D, favorece a circulación sanguínea e mellora algunhas enfermidades da pel. É coñecido tamén o seu efecto sobre a
produción de neurotransmisores, produtos químicos que facilitan a actividade das neuronas.
Non obstante, estes efectos positivos deben ser ponderados coidadosamente fronte aos potenciais efectos negativos dunha exposición intensa (queimaduras na pel e danos nos ollos) ou da exposición crónica (envellecemento, manchas e danos na pel e cancro de pel). As exposicións non protexidas en nenos e idades novas son especialmente prexudiciais, claramente relacionadas co risco de desenvolverse melanoma (cancro de pel).



 Consellos





No hay comentarios:

Publicar un comentario