jueves, 4 de febrero de 2021

PLANTAS PURIFICADORAS DO AIRE

PLANTAS PURIFICADORAS DO AIRE

O curso pasado o Equipo da biblioteca e o grupo de 6ºA  fixeron un traballo sobre a outro elemento  do medioambiente a flora. Investigaron e descubriron un estudo da NASA sobre unha serie de plantas purificadoras do aire, que ademais de eliminar o CO tamén son capaces de eliminar o resto de substancias  nocivas presentes no aire. Na actualidade o aire das nosas casas encóntrase en peores condicións debido ao noso estilo de vida que fai que aparezan cada vez máis productos químico-sintéticos (plásticos, fibras sintéticas, madeiras aglomeradas, PVC, pinturas e barnices, disolventes... etc.) que liberan compostos orgánicos volateis, que dependendo da súa concentración poden afectar a saúde das persoas. Para coñecelas temos na Caloteca un xogo de parellas tipo memory coas fotos de algunhas destas plantas.
Este curso continuamos co proxecto e decidimos poñer plantas nas nosas aulas. Seleccionamos a  CINTA, unha das plantas con máis poder de purificación do aire (Poden reducir o formalheido, o xileno e o CO), máis resistentes e fáciles de coidar.

                                                      

É unha planta perenne de follas alongadas de cor verde conha banda branca, orixinaria de África.
Como planta de interior desenvólvese perfectamente nunha estancia ben iluminada pero sen exposición directa ao sol, cunha temperatura constante e nun ambiente non demasiado seco. O máis importante é manter un nivel de humidade constante, asi o rego nos meses frios será 1 á semana e nos meses cálidos 2 sen encharcar.



Moitísimas grazas apola súa  desinteresada 
 colaboración  co noso proxecto.
.
 

                                                   

No hay comentarios:

Publicar un comentario