miércoles, 16 de octubre de 2019

LAND ART DE OUTONO

Chega o outono e caen as follas das árbores, o noso patio esta cheo de elementos da natureza ( follas, castañas, landras, paos, pedras, sementes...) que podemos utilizar para realizar pequenas "obras de arte efímera". Combinamos xogo e arte a partir da interacción co medio ambiente, aprendendo da natureza e das múltiples posibilidades de creación a partir dela. Utilizamos a arte como ferramenta da Ecoeducación, como mediadora do coidado ambiental.
Os grupos de primeiro de primaria recolleron os materiais cos que poñer en marcha a súa creatividade e o traballo en equipo. Aqui tedes unha mostra do seu traballo.















 





No hay comentarios:

Publicar un comentario