miércoles, 9 de octubre de 2019

ECOEDUCACIÓN

Inspirándonos na ECOeducación de Daniel Goleman, que implica a docentes cara ao desenvolvemento da intelixencia emocional á ecolóxica. Imos desnvolver tres das  súas prácticas da educación compromoteida emocional e socialmente.

Na primeira  o obxectivo principal é ecoeducar ao alumnado a través das súas emocións, desenvolvendo a empatía cara a todas as formas de vida.
Transmitindo unha nova visión que inclúa as persoas como membros da rede da vida e non como seres distintos e superiores ao resto dos seres vivos da Terra.
Reflexionando sobre as nosas accións perxudiciais e ampliando o coidado e interese por outras formas de vida.

Para acadalo propoñemos mostrar unha serie de imaxes do medio ambiente que provoquen emocións positivas ou negativas.
O Equipo de Biblioteca buscará imaxes e tamén o alumnado poderá facelo e compartilo co resto de grupos a través de nós.

A clase de 4ºA foi a encargada de poñer en marcha esta actividade:
colocando o mural, buscando imaxes para desenvolver a empatía, buscando información sobre ecoloxía, compartíndoa e ubicando o noso libriño de imaxes na biblioteca...

















No hay comentarios:

Publicar un comentario