viernes, 13 de marzo de 2020

Lola, a tartaruga de 4ºC

Outro elemento do medioambiente é a fauna, os grupos de cuarto están elaborando un libro sobre animais en perigo de extinción e pronto estará á vosa disposición na Caloteca.
Ademais o grupo de 4ºC ten unha tartaruga e van explicar cómo a coidan:
Temos unha mascota  na aula, chámase Lola, é unha tartaruga de auga quente que coidamos entre toda a clase, facendo  quendas cada día.



Coidados:
*acuario de tamaño axeitado con auga entre 24º-28º que cambiamos cada dous días.



*Botámoslle penso especial para tartarugas de auga, cada dous ou tres días.



*Ten unha "illa" fóra da auga para tomar o sol e secar o corpo, para evitar infeccións na pel ou nos ollos.



Esta información foi elaborada por Anxo, Mimi e Icía R. en representación do resto da clase.


No hay comentarios:

Publicar un comentario