miércoles, 4 de marzo de 2020

PLANTAS PURIFICADORAS DO AIRE

Outro elemento do medioambiente é a flora (conxunto de especies vexetais que nacen de xeito natural ou cultivado).
O Equipo da biblioteca e o grupo de 6ºA están a investigar e descubriron un estudo da NASA sobre unha serie de plantas purificadoras do aire. Na actualidade o aire das nosas casas encóntrase en peores condicións debido ao noso estilo de vida que fai que aparezan cada vez máis productos químico-sintéticos (plásticos, fibras sintéticas, madeiras aglomeradas, PVC, pinturas e barnices, disolventes... etc.) que liberan compostos orgánicos volateis, que poden afectar a saúde das persoas dependendo da súa concentración. Esta serie de plantas ademais de eliminar o CO2 tamén son capaces de eliminar o resto de substancias  nocivas presentes no aire.
Para coñecelas temos na Caloteca un xogo de parellas tipo memory coas fotos de algunhas destas plantas.
                                                        Xogando tamén se aprende!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario