lunes, 1 de junio de 2020

Medioambiente y covid-19

Cando o mundo se para o planeta respira




Agora máis que nunca debemos formar a nenos, nenas e adolescentes no respecto ao medio ambiente, coidado e conservación da natureza. Eficiencia enerxética, aforro de auga, mobilidade sostible, redución de residuos e reciclaxe, consumo responsable, coñecemento e protección da biodiversidade ... é necesario incorporar estas ensinanzas para ecologizar o currículo escolar. Débese prestar a debida atención ás escolas e ao profesorado para que poidan adquirir e transmitir os coñecementos necesarios para capacitar ás futuras xeracións na prevención de riscos e na mitigación da peor crise que enfrontarán: a crise climática.


No hay comentarios:

Publicar un comentario